- Os prazos para o pagamento de débeda tributaria en período voluntario e executivo, previstos nos apartados 2 e 5 do artigo 62 do LGT.
- Os vencementos dos prazos e fraccións dos acordos de aprazamentos e fraccionamento concedidos.
- Os prazos relacionados co desenvolvemento de poxas e adxudicación de bens (artigos 104.2 e 104 bis do Regulamento Xeral de Recadación).
- Os prazos para atender requirimentos, dilixencias de embargo, solicitudes de información con transcendencia tributaria, e para formular alegacións ante actos de apertura do devandito trámite ou de audiencia, ditados en procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores ou de declaración de nulidade, devolución de ingresos indebidos, rectificación de erros materiais e de revogación.
Non obstante, o prazo rematará nunha data posterior ao 30 de maio de 2020 se así resultase da aplicación da norma xeral.