Medidas locais

PROGRAMA MUNICIPAL DE AXUDAS EXTRAORDINARIAS DE EMERXENCIA DIRIXIDAS AO MANTEMENTO DO TECIDO EMPRESARIAL MUNICIPAL

Convocatoria para a concesión de axudas para os traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial afecto á actividade radique no termo municipal de  O Carballiño. Son gastos subvencionables os gastos de aluguer de locais comerciais, os gastos de implantación ou mellora do existente, gastos derivados co cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARS-COV-2 e investimentos para o acondicionamento de locais comerciais polos efectos do COVID e para lograr espazos máis seguros.

B.O.P de Ourense nº194 de 25 de agosto de 2020 no que se publica a convocatoria para a concesión das axudas.