En que consisten as medidas aprobadas no ámbito tributario?

Resumidamente, as medidas aprobadas son:

 

  • Flexibilización dos aprazamentos: Medidas para a flexibilización de aprazamentos de débedas tributarias e aduaneiras para PEME e autónomos.
  • Suspensión prazos de prescrición e caducidade: Suspensión dende o 14 de marzo, data da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, ata o 30 de maio de 2020, dos prazos de prescrición e caducidade de calquera accións e dereitos contemplados na normativa tributaria.
  • Ampliación prazos: Ampliación ata o 30 de maio de 2020 ou, se fose posterior, ata a data outorgada pola norma xeral, de determinados prazos abertos na data de declaración do estado de alarma e que non estaban concluídos a esa data, así como dos prazos que, se é o caso, se abran a partir da data de declaración do estado de alarma.
  • Suspensión cómputo prazos de duración procedementos: Suspensión dende o 14 de marzo ata o 30 de maio 2020 do cómputo do prazo de duración dos procedementos tramitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
  • Suspensión execución de garantías: No seo do procedemento de prema, non execución de garantías que recaian sobre bens inmobles dende o 14 de marzo ata o día 30 de maio de 2020.
  • Modificación prazos de impugnación: o prazo para interpoñer recurso ou reclamación finalizará o 30 de xuño de 2020 (inclusive).