Subsidio extraordinario temporal para persoas empregadas do fogar por falta de actividade, redución de horas ou fin do contrato. A cuantía dependerá da retribución percibida con anterioridad e da redución de actividade, esixíndose probas acreditativas. Este subsidio é compatible co mantemento doutras actividades e a cuantía máxima a recibir será o SMI sen pagas extraordinarias. A cuantía do subsidio extraordinario para empregadas de fogar por falta de actividade será o resultado de aplicar o 70% á base reguladora correspondente ao mes anterior ao feito causante, e non poderá ser superior ao Salario Mínimo Interprofesional. É dicir, non poderá se superior a 950 euros excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. No caso de perda parcial da actividade, a cuantía do subsidio percibirase en proporción directa á porcentaxe de redución de xornada que experimente a persoa traballadora.
Información adicional:
Decreto/normativa: