ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 en Galicia:

 

Establécense medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución epidemiolóxica derivada da covid-19 en Galicia: restricións ás agrupacións de persoas (máximo 5 de carácter familiar ou social), aconséllase ás persoas maiores de 75 anos que realicen a actividade diaria en horas de pouca afluencia, cancélanse as festas, verbenas e eventos populares e regúlanse certas limitacións de aforamento e medidas de prevención para determinados sectores (establecementos de hostalaría e restauración: 50% no interior e 75% en terrazas. Centros e parques comerciais: 50%)

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201021/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html