ORDE do 15 de agosto de 2020 pola que se modifican determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade

 

 

 

 

Modificación do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200815/AnuncioC3K1-140820-1_gl.html

 

Prohíbese o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre sempre que non se poida garantir a distancia de dous metros con outras persoas.

Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene

Distancia de seguridade interpersoal Nos locais de hostalería e restauración deberase respectar en tódolos casos a distancia interpersoal de seguridade. A ocupación máxima por mesa ou agrupación de mesas será de 10 persoas, que deberán respectar a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas

Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados