Asesoramento na apertura de terrazas na transición cara unha nova normalidade debido á COVID-19

Despois de coñecer que a provincia da Coruña pasará á fase 1 do plan para a transición cara a nova normalidade, e para dar cumprimento ao establecido na Orde SND/399/2020, do 9 de maio, publicada nesta data, o Concello de Ames, informa que se permitirá a ampliación do espazo das terrazas, sempre que se cumpran os requisitos necesarios.

Todos os establecementos hostaleiros de Ames que teñan previsto abrir ao público o servizo de terraza nas vindeiras datas, sexa en espazo público ou privado, deberán comunicalo previamente ao Concello, co obxectivo de que o departamento de urbanismo poida analizar cada situación particular e avaliar a viabilidade da apertura, así como a posible ampliación de espazo.

 

https://www.concellodeames.gal/gl/avisos/bando-sobre-apertura-de-terrazas-na-transicion-cara-unha-nova-normalidade-debido-covid-19