Levantamento da suspensión dos procedementos de solicitude de licenzas de terrazas e aprobación de instrucción que recolle unha modificación da súa tramitación, durante a situación de alarma ocasionada pola COVID-19

Neste decreto establécese:

 

  1. Levantar a suspensión de termos e prazos e dar continuidade á instrución, ordenación e, no seu caso, resolución daqueles procedementos administrativos de:
  • Solicitude de licenza para ocupación de solo de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa
  • Modificación ou ampliación de licenza en vigor para á ocupación de solo de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa, ou as súas modificacións
  1. Modificar a tramitación da concesión de licenzas para ocupación de Solo de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa durante a situación de alarma sanitaria ocasionada polo Covid-19 de tal xeito que se especifica entre outros aspectos, os seguintes:
  • Requisitos subxectivos para a solicitude de licenzas de primeira instalación ou modificación das existentes.
  • Axilización do procedemento de outorgamento de licenzas
  • Excepcións ao réxime xeral de outorgamento de licenzas para facilitar a viabilidade de reapertura dos negocios de hostalaría e restauración.

 

https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2020/05/decreto_de_levantamento_da_suspension_de_prazos_nos_procesos_de_solicitude_de_licenzas_de_terrazas_e_instrucion_de_tramitacion.pdf