Se estou en situación de incapacidade temporal por pago directo, debo seguir presentando os partes de confirmación ante o INSS ou ISM para recibir o pago da miña prestación?

Se o Servizo Público de Saúde emitiu o correspondente parte de confirmación ou, no seu caso, parte de alta, o INSS ou  ISM procederá ao pago da prestación de incapacidade temporal de forma automática sen necesidade de presentar os partes de confirmación e/ou alta.

 

Se non recibe o pago, haberá de contactar co Servizo Público de Saúde ( SPS) para consultar se se emitiu o parte de confirmación e/ou alta e resolver, no seu caso a incidencia na súa emisión, xa que o  SPS é o órgano competente para a emisión dos partes de confirmación e/ou alta.