“Paquete de axudas a persoas vulnerables para facer fronte ao pago do aluguer da vivenda habitual (non locais) na que residen habitualmente. Parados, empregados dentro dun ERTE ou con redución de xornada, e autónomos que se declaren vulnerables non poderán ser desafiuzados, terán unha prórroga dos seus contratos de arrendamento e accederán a microcréditos avalados polo Estado para pagar as rendas pendentes. Ademais, no caso de que o propietario sexa titular de máis de 10 vivendas, o inquilino poderá pedir unha moratoria ou condonación da renda.
No caso dos grandes tenedores, a moratoria pode ser un adiamento do pago do aluguer ou ata a condonación total ou parcial da débeda arrendaticia. É dicir, o propietario da vivenda (gran tenedor) deberá escoller as seguintes alternativas:
a) Unha redución do 50% da renda arrendaticia durante o tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno e as mensualidades seguintes si o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade provocada por mor de COVID-19, cun máximo, en todo caso, de catro meses.
b) Unha moratoria no pago da renda arrendaticia que se aplicará de xeito automático e que afectará ao periodo de tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno e ás mensualidades seguintes, prorrogables unha a unha, si aquel prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade provocada a causa do COVID-19, sen que poidan superarse, en ningún caso, os catro meses.
No caso do pequeno propietario, entendido como aquel que conta con menos de 10 vivendas en propiedade, poderá aceptar do inquilino, voluntariamente, o adiamento do pago da renda ou a condonación total ou parcial da mesma, si non se acordou nada previamente entre as partes. O propietario terá sete días laborables para aceptar as condicións, pero en caso de non aceptar o adiamento ou condonación (porque, por exemplo, non puidese permitirllo tampouco económicamente), o inquilino vulnerable terá acceso ao programa de axudas de financiamento reguladas no real decreto, como son as axudas directas ou un microcrédito do ICO. Xa que logo, para o pequeno arrendador a moratoria é optativa.”
Decreto/normativa: