Liña extraordinaria de cobertura aseguradora de ata 2.000 millóns de euros con cargo ao Fondo de Reserva dos Riscos da Internacionalización, xestionada por CESCE

Os beneficiarios son as PEME (segundo a definición do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión), así como empresas de maior tamaño non cotizadas, nas que concorran as dúas seguintes circunstancias:

 

1. Que se trate de empresas internacionalizadas ou en proceso de internacionalización, ao cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:
a) empresas nas que o negocio internacional, reflectido na súa última información financeira dispoñible, represente polo menos un terzo (33%) da súa cifra de negocios, ou
b) empresas que sexan exportadoras regulares (aquelas empresas que exportasen regularmente durante o últimos catro anos conforme aos criterios establecidos pola Secretaria de Estado de Comercio).

 

2. Que a empresa se enfronte a un problema de liquidez ou de falta de acceso ao financiamento como resultado do impacto da crise do COVID 19 na súa actividade económica.

A liña instrumentarase en dous tramos de 1.000 millóns de euros, entrando o segundo en vigor tras verificarse unha execución satisfactoria do primeiro tramo. A duración é de 6 meses.

 

Información adicional:

Decreto/normativa:

  • https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-3824